es que me he enterado ahora
https://astrogalicia.astromania.es/Onde será Astrogalicia 2010? PDF Print E-mail
Novidades
Monday, 22 March 2010 22:48
Xa temos confirmado o sitio para celebrar a edición de 2010. Será no concello de Boimorto, provincia de A Coruña. Moi preto das vilas de Arzúa e Melide, a menos de 2 horas de viaxe en coche de calquera localidade galega.Venres 10 de setembro
19:00-20:00 horas. Recepción e montaxe do Espazo Asociacións. Colocación dos telescopios no lugar habilitado
20:00-21:00 horas: Proxección de documentales.
*
"O Sol nos Chaos". Producido polo Laboratorio de Patrimonio, Paleambiente e Paisaxe da Universidade de Santiago de Compostela. Idioma: galego.
*
"Pequeña Serenata Astronómica". Producido por CSIC, ASTROCAM, Cultural Albacete, Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha e Ayto. Fuentealbilla. Idioma: castellano.
22:30 horas: Prohibición de acceder con vehículos ao lugar de observación. Cea comunitaria no propio lugar da observación (por conta de cada participante).
Sábado 11 de setembro
10:00-12:00 horas: Obradoiros 1ª sesión (só inscritos)
12:00-12:15 horas: Presentación de AstroGalicia 2010.
12:15-13:30 horas: Conferencia Inés Rodríguez Hidalgo. Título: "Convivindo cunha estrela". Idioma: castelán.
13:30 horas: Presentación da exposición "Con A de Astrónomas", por Josefina F. Ling.
13:30-14:00 horas: Observación solar con telescopio H-alfa.
14:00-16:00 horas: Xantar oficial no Centro de Maiores a cargo do restaurante "Casa Moncho"
16:30-17:30 horas: Conferencia Juan Antonio Belmonte. Título: "Arqueoastronomía". Idioma: castelán.
18:00-19:00 horas: Conferencia Pedro Russo. Título: "Revolucionar a Humanidade". Idioma: castelán-portugués (portuñol).
19:00-19:30 horas: Pausa café
19:30-21:30 horas. Obradoiros 2ª sesión (só inscritos)
21:30 horas: Montaxe telescopios no lugar de observación. Inicio de observacións.
Domingo 12 de setembro
11:30-12:30 horas: Conferencia de Carlos Herranz (Contaminación lumínica)
12:30-13:30 horas: Mesa redonda de "Contaminación Lumínica"
13:30-14:00 horas: Clausura AstroGalicia 2010
14:00-16:00 horas. Descanso para xantar (por conta de cada participante)
16:30 horas: Reunión asociacións. AstroGalicia 2011.